jueves, 16 de febrero de 2017

MAPA MUSICAL





Interactivo. 

Grazas ás aportacións semanais do noso compañeiro David, cada semana, en 2º B, estamos a recoñecer unha melodía famosa. Así, situamos no mapa o país de orixe do compositor, aprendemos algo sobre el e escoitamos unha peza. Ata o intre, como veredes, temos coñecido a Vivaldi (coa Primavera) e a Mozart (coa Marcha Turca). 

martes, 14 de febrero de 2017

INSTRUMENTOS AFRICANOS


Un mundo por descubrir.

A riqueza musical e lingüística de África é inmensa. A música actual débelle moitísimo a tradición africana. Por iso, neste post imos coñecer máis de cerca catro instrumentos: a sanza, o djembé, o balafón e a kora.

A sanza, dependendo do idioma, recibe un sinfín de nomes: sanza, kalimba, mbira, etc. Consiste nunha caixa de resoancia sobre a que se colocan unhas láminas flexibles de madeira ou metal, sostidas sobre unha ponte.



O djembé procede da zona oriental de África (Mali, Guinea, Senegal, Costa de Marfil e Burkina Faso), onde se ubicaba o imperio Mandinga (un grupo étnico moi potente). Coma no caso da sanza, dependendo do país e do grupo humano, recibe diversos nomes, aínda que o máis extendido é o francés djembé, por ser Francia a principal potencia colonial nesta zona de África.

Neste vídeo podes escoitar unha magnífica interpretación nun djembé moderno. 




O balafón tamén procede da zona occidental de África. Consiste nunhas placas afinadas de madeira colocadas sobre unha caixa de resoancia formada por cabazas, percutidas por mazos acolchados.  Os grupos humanos de Mali, Burkina Faso e Costa de Marfil vencelladas co balafón foron declaradas Patrimonio Inmaterial da Humanidade pola UNESCO. 

O balafón é o instrumento a partir do cal evolucionou a marimba americana. 



Coma os anteriores instrumentos presentados, a kora procede da zona occidental de África. En concreto, trátase dun instrumento moi vencellado á tradición oral, xa que os griots (os narradores) eran os encargados de transmitir o xeito de tocalo na tribo mandinga. 

Trátase dun instrumento de corda que emprega como caixa de resoancia media cabaza cuberta con coiro. As cordas tócanse unicamente cos dedos polegar e índice. 



Esperemos que estes pequenos apuntes sirvan tan só para engancharnos co fascinante mundo da música africana.

lunes, 13 de febrero de 2017

QUE SENTES?



Expresa o sentimento que che provoca cada unha destas pezas musicais.

En 5º curso de Primaria estivemos a traballar Na caverna do rei da montaña, de Edvard Grieg. Esta peza forma parte da Suite de Peer Gynt, composta polo autor como música incidental para a obra teatral do mesmo título, escrita por Henrik Ibsen.

Unha suite é unha composición musical composta por un conxunto de pezas de diverso carácter.

A continuación presentamos os vídeos correspondentes ós diferentes movementos da suite, para que os escoites e expreses os sentimentos que che provocan.

La mañana



A morte de Aase



A danza de Anitra



O lamento de Ingrid



Danza árabe



O regreso



A canción de Solveig


lunes, 6 de febrero de 2017

CREANDO MUSICOGRAMAS...





... para unha audición. 

En 5º de Primaria estivemos a traballar sobre Na caverna do rei da montaña. Recoñecimos os distintos instrumentos que interveñen. Agora sería interesante traballar sobre a forma musical.

O Musicograma é un debuxo ou gráfico que axuda a comprender a música, a mirala e escoitala dunha forma activa.

Mentras escoitas a audición, fíxate neste xeito de representar a música. Logo inventa o teu.

Preme na imaxe anterior para obter máis información


sábado, 4 de febrero de 2017

DE CONCERTO


Cos profesores da e-Trad. 

O pasado día 25 de xaneiro, o alumnado de 3º e 4º de Primaria acudíu ó Auditorio do Concello para participar no magnífico concerto que nos ofreceron os mestres da e-Trad. Non podía ser doutro xeito, tratándose da xente máis sobranceira da nosa música tradicional e folk: Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Xaquín Xesteira, Xisco, Xosé Liz, Alfonso Franco, Chuco Estévez ou Begoña Riobó, por nomear só a algúns deles.

O concerto foi preparado con esmero, tanto polos músicos como polos oíntes.





Espectacular foi a interpretación, por parte do alumnado, da Pita Podeira.

Para refrescala, aquí vos deixamos cunha versión audiovisual do CEIP Cruceiro.


O concerto daranos moito que traballar en vindeiras sesións!