lunes, 28 de marzo de 2016

A FAMILIA DE VENTO - METAL...



... en A Mota de Pó. 

En 4º curso de Primaria estamos a traballar A Mota de Pó, de Fernando Palacios. Escoitando a audición temos descuberto que os instrumentos de vento - metal representan ás plantas carnívoras. Pero.... que sabemos destes instrumentos? Neste post aprenderemos algunhas curiosidades acerca deles.

Os instrumentos que forman parte desta familia presentan unhas características similares:
  • están construídos en metal; 
  • están enrollados sobre si mesmos; 
  • a embocadura ten forma de copa; 
  • rematan nunha grande campá, chamada pavillón
  • teñen un son estridente;
  • a vibración é producida polos beizos do instrumentista.

A altura do son ven dada pola lonxitude do tubo: canto máis longo é o tubo, o son é máis grave; canto máis curto, o son será máis agudo. A lonxitude do tubo modifícase cun sistema de pistóns ou válvulas. Neste enlace podes comprobar o efecto que producen as válvulas.




O único aerófono de vento - metal que carece de pistóns é o trombón de varas. Neste instrumento, a lonxitude do instrumento modifícase coa posición da vara, que se pode alongar ou acurtar, producindo un efecto chamado glissando. Neste enlace comprabarás como funciona este instrumento. 


O timbre destes instrumentos pode modificarse, tamén, empregando unha especie de tapón que se coloca na campá, e que recibe o nome de sordina


A familia do vento - metal está integrada por catro instrumentos que, de agudo a grave son: a trompeta, a trompa, o trombón e a tuba

                                                                         










sábado, 19 de marzo de 2016

COÑECENDO A MÚSICA TRADICIONAL


Cos mestres da e-trad. 

O pasado martes 15 de marzo tivemos ocasión de asistir ó concerto que impartiron os mestres da Escola Municipal de Música Tradicional (e-trad). Despois de traballar na aula a magnífica unidade didáctica preparada, acudiron ó evento os cursos de 6º e 5º A de Primaria.

Foi unha hora na que, ademais de aprender, cantamos, bailamos, acompañamos con percusión corporal e, mesmo algún de nós, con instrumentos de verdade...

Un concerto magnífico cuns intérpretes de luxo: Xaquín Lorenzo (Xocas), Xosé Liz, Anxo Pintos e Alfonso Franco.