Como todos os anos, na clase de Música facemos un montón de danzas. Pero como o PDI deste curso vai sobre as matemáticas e a xeometría, aproveitamos a Danza do Caranguexopara traballar o musicograma da peza a partir da distribución dos bailarines: o círculo.
Os rapaces e rapazas de 5 anos B explícannos todo.
Os nenos e nenas de 2º A, como fan en cada saída, tamén fixeron un pequeno resumo onde explicaron en que consistíu o concerto da semana pasada. Aquí temos o seu comentario:
Esta mañá o alumnado de 2º e 3º de Primaria acudíu ó Auditorio do Concello para presenciar este concerto ofrecido pola Fundación La Caixa, a cargo de seis musicazos procedentes, na súa maior parte, da Península Balcánica: os Moussakis. Este grupo, cuio nome procede dun saboroso prato típico da meirande parte dos países que constitúen a Península balcánica (a mousaka) ofreceu un espectáculo con maiúsculas, no que se mesturaban a música, a dramatización, a imaxe, a luz...
O concerto servíu para coñecer outros países, valorar a súa cultura, palmear ritmos moi diferentes ós nosos, cantar, achegarnos a instrumentos extraños a nós e disfrutar da mestura cos propios do noso universo musical.
Así, escoitamos pezas en sefardí (unha lingua moi parecida ó castelán, falada polos descendentes dos xudeos que, alá polo século XV, tiveron que abandonar a Península Ibérica), e aprendimos a contar en serbio-croata antigo.
O comportamento da rapazada foi exquisito. Daba gloria ver o atentos que estaban algúns deles, que non perdían detalle.
Como non estaba permitido sacar fotos ó espectáculo, deixámosvos cun vídeo deste grupo que temos atopado en internet. Comprobaredes que ben mereceu a pena.
A visita quedou documentada coas fotos do alumnado nas butacas, e un pequeno respiro que nos deu o tempo para xogar no parque infantil do Concello.
O pasado 27 de xaneiro celebramos o 260 aniversario do nacemento de Wolfgang Amadeus Mozart, e o vindeiro 5 de decembro conmemoraremos o 225 aniversario do seu pasamento. Pero, aínda sen celebración, sempre é bo intre para escoitar a magnífica música que nos deixou en herdanza.
Grazas á miña amiga Ana descubrín esta versión do Rondó alla turca (máis coñecido por nós como Marcha turca). Aínda que é unha peza para piano, os creadores deste vídeo preséntannos algúns instrumentos da orquestra: o violín, a trompeta, a frauta traveseira, a trompa e a caixa. E todo, aderezado cun pouco de humor.
Un vídeo para disfrutar, para aprender e para cultivar o noso intelecto.
Grazas, Ana!
Imaxe: Anonymous, possibly by Pietro Antonio Lorenzoni (1721-1782); Portrait owned by the Mozarteum, Salzburg, Public Domain. En Wikimedia Commons.